Informámoslle de que as imaxes incorporadas no catálogo visual de estradas teñen como finalidade facilitar a consulta e visualización das estradas autonómicas, polo que non está permitido o seu emprego ou distribución ilexítimo.
A mera consulta deste catálogo web de estradas non supón o tratamento de ningún dato persoal. Proporcionase a seguinte información sobre protección de datos persoais ás persoas cuxos datos, como imaxe ou vehículo, puidese ser captada e incluída neste catálogo:
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS |
|
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia –- Axencia Galega de Infraestruturas |
Finalidades do tratamento | Xestión da aplicación que permite ver as imaxes das estradas autonómicas a través do Catálogo web na páxina web da Xunta |
Lexitimación para o tratamento | Cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento de conformidade coa Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia e o Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia |
Orixe dos datos | Entidades privadas que captan imaxes das estradas de Galicia para a elaboración do catálogo web |
Destinatarios dos datos |
As imaxes serán obxecto de publicación nesta mesma páxina web: https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/catalogo-de-estradas |
Exercicio de dereitos |
As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, a través da sede electrónica da
Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en: https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional | https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos |